luns, 27 de maio de 2019

SIMULACRO DE INCENDIOS

O mércores pasado tivo lugar un simulacro de incendios no colexio.
Os nenos e nenas sabían que un día desa semana xogaría todo o colexio ao "Xogo dos bombeiros", así lle chamamos na clase para tentar non asustar aos nenos e nenas. Sabiamos o que tiñamos que facer no caso de que soase unha sirena distinta a que soa tódolos días na entrada e saída do cole.
Nese intre estaban coa profesora Natalia i eu esperei no patio dos maiores ata que sairon perfectamente en fila, sen correr como tiñamos previsto.
O certo é que todo o alumnado e profesorado fixoo xenial e o premio final foi a chegada dos bombeiros facendo soar a súa sirena.

Grazas aos bombeiros de Santiago por achegarse aos máis pequenos co mellor dos seus sorrisos.


domingo, 19 de maio de 2019

15 DE MAIO: DÍA DA FAMILIA

    A familia de cada un de nós é única e diferente ao resto das familias. Na clase temos 22 familias coas súas caracteríticas que as fan diferentes. Temos familias de 2, 3, 4 e ata 5 membros. Temos familias nas que só hai chicas e familias de chicos e chicas. Familias nas que tódolos membros falan galego, noutras falan castelán, algunhas falan os dous idiomas, noutras tamén se fala vasco e ata italiano. Familias na que os seus membros son de razas diferentes. Familias que viaxan moito, familias ás que lles encanta a horta, familias festeiras e familias caseiras. Algunhas familias poida que non medren máis e outras medrarán seguro....pero o máis importante de todo, é que para cada un de nós, a nosa familia é:

A FAMILIA MÁIS ESPECIAL DE TÓDALAS FAMILIAS!!!!


venres, 17 de maio de 2019

xoves, 9 de maio de 2019

II SEMANA CULTURAL

O curso pasado. dentro dos actos de conmemoración do 50 Aniversario do colexio, celebramos unha Semana Cultural. Este curso queremos repetir a experiencia dada a boa acollida da iniciativa.

II SEMANA CULTURAL, comenzarémola a próxima semana do xeito que sigue:

Luns, 13 de Maio:  Carreira Solidaria, os fondos que se recauden irán a parar a ASANOG (Asociación de ayuda a niños oncológicos de Galicia). A aportación é totalmente solidaria e na carreira participará todo o alumnado do centro que o desexe, colabore ou non económicamente.

-Martes, 14 de Maio: elaboración dos Maios, dentro do proxecto sobre o patrimonio que estamos a levar a cabo este curso.

-Mércores 15 de Maio: Concerto do grupo "Migallas"

-Xoves, 16 de MaioXogos tradicionais.

martes, 7 de maio de 2019

VÍDEO DA "SOLTA DE POEMAS". DÍA DA POESÍA

No seguinte video podedes ver recollidas tódalas fotos enviadas polas familias da "solta de poemas" organizada con motivo do "Día da poesía".
Como poderedes comprobar, a maioría da "solta" está feita en Santiago e máis concretamente no barrio de Conxo, pero moitos poemas viaxaron, como a nosa mascota LOLO, a outros puntos de Galicia.

Novamente agradecer ás familias a colaboración prestada.

GRAZAS FAMILIAS!!!!

luns, 6 de maio de 2019

APADRIÑAMENTO LECTOR

Con motivo do día do libro, e aproveitando o bo tempo, o xoves realizamos una actividade que xa vimos facendo anos atrás con todo o alumnado do centro.

Consiste en que cada nen@ trae da casa un conto que lle gustara de pequen@ e os de infantil un conto que lles guste agora. Os maiores fan de padriños ou madriñas dun pequen@ e saímos todo ao parque a ler.







mércores, 1 de maio de 2019

DÍA DO LIBRO

Con motivo da celebración do "Día do Libro" o martes 23 de abril inauguramos a nosa "Biblio-patio" tanto en Infantil como en primaria, para poder desfrutar dos libros na hora do recreo e no patio.






Aproveitando o espurgo que se fixo na biblioteca, tamén agasallamos ese día cun libro ao alumnado.