Para celebrar o día da poesía escollimos a poesía: "Un barquiño de papel" de Antonio García Teijeiro.
A partir de aquí xurdiron varias actividades para realizar co alumnado que podedes ver a continuación:
Despois de ler e entender a poesía, recitámola xuntos e facemos un barquiño con dúas figuras xeométricas recortadas dun xornal.
Papiroflexia con papel de xornal para construir barquiños de papel moi sinxelos.
Mural conxunto de todo o alumnado de infantil que podedes ver na entrada do colexio
Agradecementos ás familias pola "solta de poemas" que xa se poden ver polo barrio