No seguinte vídeo podedes ver un anaco de cómo, a partir da proposta dunha actividade (e das pequenas pistas que vou dando) e a través da curiosidade, da experimentación, do descubrimento, do traballo en equipo, os nenos e nenas avanzan no seu pensamento matemático.
Partindo sempre do máis simple, do coñecido, chegan a metas que a eles mesmos lles sorprende.
Neste caso partindo de figuras xeómetricas coñecidas i en plano, pasamos a outras máis complexas i en tres dimensións... sempre a través do xogo como ferramenta motivadora.
A semana pasada desfrutamos dunha sesión de cine na sala Numax. Dentro do programa escolar "NUMAX na escola", asistimos ao visionado da peli: "Sopa de piedras y otro cuentos"
FANTÁSTICA EXPERIENCIA que seguro repetiremos nos vindeiros cursos.
A partir do conto "Enamorados", un conto que enternece o corazón, tanto polo seu texto como pola súa ilustración, os nenos e nenas aprenden que amar é cousa de sentimentos. Pero eses sentimentos só teñen sentido nunha dirección: a de facer feliz a quen se ama.
No libro hai unha extraordinaria reflexión sobre o qué para os nenos e nenas estar namorados/as. Na clase, antes da lectura do libro, tamén falamos o que é para nós estar namorado/a.
"Enamorados": Rébecca Dautremer Ed.: Kóninos
Analizamos cada unha das respostas e propuxen, igual que no libro, outras opcións:
Se pode estar namorado/a pero non casado?
Se pode estar namorado/a e non ter un bebé?
Dúas chicas poden estar enamoradas? E dous chicos?
Todas as familias teñen papá e mamá?
Se pode estar namorado/a e estar separado/a?
Estar namorado/a é para sempre?
Chegamos á conclusión de que todo iso era posible.O que non acababan de creer era que Ernesto, o protagonista do conto, poida estar namorado cando a súa actitude non fai feliz a Salomé.
A canción "La puerta violeta" de Rozalem, i esta interpretación en lingua de signos, encantou a nenos e nenas dende o primeiro momento. Escoitamos e analizamos a letra da canción onde un monstruo gris: grita, rompe, agarra, apreta... E, unha nena asustada debuxa unha porta violeta para poder correr, saltar e rir nun campo verde moi lonxe de alí. Nós tamén fixemos unha porta violeta onde fumos poñendo todas aquelas palabras que tanto Salomé, a nena da canción e todos e todas nós queremos que formen parte dunha relación de amor. E todas as que non queremos, as deixamos fóra desa porta violeta.
Este luns tivemos unha visita moi especial na nosa escola: ALUCHE, un can que estivo no Refuxo de Bando e que veu acompañado por Iris e Paula, dúas voluntarias que traballan no centro. Contáronnos cómo foi atopado Aluche, perdido na zona de San Lázaro, e o fraquiño e triste que estaba. Cómo unha das voluntarias decidiu levalo para a súa casa e darlle unha familia. Tamén nos falaron da importancia de adoptar en vez de mercar, e da responsabilidade de ter unha mascota e dos coidados que precisa.
Grazas ao Refuxo de Bando, A Iris, a Paula e a Aluche por esta bonita experiencia, pola labor que fan na protección e coidado dos animais e por concienciarnos da importancia da adopción.
Onte visitamos a Biblioteca do Centro Sociocultural do Ensanche na Rúa Frei Rosendo Salvado nº 16.
É unha biblioteca mooooooooi bonita cun montón de libros. Temos unha zona para menores de 8 anos que foi a que máis nos gustou con cadeiras, sillas e unha moqueta para podernos deitar no chan.
Como case tod@s temos xa 4 anos, contáronnos como podemos facernos soci@s para poder levar libros a casa (ata 3 contos durante 15 días). Tamén nos contaron que podemos ir de visita cos nosos pais e nais e ler alí os contos que queiramos.
A encargada da biblioteca leunos 2 contos moi chulos e dounos unha medalla imaxinaria por ser os nenos e as nenas que mellor se portaron do mundo mundial. E así viñeron as profes tan orgullosas do seu alumnado que nunca defrauda nas visitas que facemos.