domingo, 28 de outubro de 2018

PINTANDO CABAZAS

Poñendo caras as cabazas de Samaín previamente pintadas. Cada un elixe qué poñer: ollos redondos, triangulares, bocas tristes, terroríficas, alegres....Por que o Samaín, cada un o vive como quere.




PANTASMAS COAS MANS

O máis interesante desta actividade é sentir o pincel e a pintura sobre a pel e descubrir unha serie de sensacións, polo xeral, moi agradables. Si ademáis deixamos que eles soiños o fagan pois moito mellor.


As caras no seguinte video o din todo.




TRABALLANDO CO MEDO...E CO CORPO

Moitas veces entender o por qué das cousas axuda a perder o medo.
Un esqueleto, sen máis, pode producir moito medo e máis a nenos e nenas de tres anos. Agora que se achega o Samaín e todo se enche de figuras terroríficas, quixen facer un experimento.
No seguinte video podedes ver como fixemos un esqueleto partindo da figura de Irene e falando con eles das partes duras que temos no noso corpo, os osos.
Unha vez rematado o experimento aparece un esqueleto que xa non nos produce medo e que pode estar colgado na clase sin ningún problema.





sábado, 27 de outubro de 2018

24 DE OUTUBRO. DÍA DAS BIBLIOTECAS

O mércores 24 de outubro, co gallo do "Día das Bibliotecas" o noso cole tamén quiso sumarse á celebración e ao longo de todo o día organizáronse actividades en distintos espacios do cole: Contacontos na biblioteca, Bibliopatio, contacontos para os tres anos a cargo dos alumn@s maiores e unha saída á biblioteca do centro sociocultural de Santa Marta para os nenos e nenas de 5º de primaria. 
 A continuación, no seguinte video, podedes ver un resumo do ben que o pasamos.


 

venres, 26 de outubro de 2018

PEPE CUMPRE 3 ANOS

O día dos cumpreanos é un día especial, sobre todo para o cumpleañer@ que se convirte no protagonista do día. Ademais de decorar a tarta, a coroa, ler o correo da familia...tamén é o encargado do día, i entre as tarefas do encargado é a de pasar lista e ver os nenos e nenas que están no cole e os que están na casa. Podedes ver no vídeo o ben que o fai Pepe.

PARABÉNS PEPE!!!!!!




domingo, 7 de outubro de 2018

PERÍODO DE ADAPTACIÓN

No seguinte vídeo podedes ver algunha das actividades que fixemos ata o día de hoxe. O máis importante deste período é a adaptación á escola. Un proceso que leva tempo e que require moita paciencia tanto das mestras como dos familiares que acompañan ao nen@. Coñecer aos compañeir@s, ás mestras, as rutinas, o material do aula son algunhas das tarefas máis importantes deste período que aínda continúa e moitas veces non damos por rematado ata final do trimestre. 

Pero non podo estar máis orgullosa deste grupo e agradecida aos familiares por acompañar con paciencia e respeto para que este proceso se leve do mellor xeito posible.