Para poder mercar no noso supermercado decidimos facer nós mesmos a propia moeda. Deste xeito, ademáis de xogar, traballamos contidos matemáticos como son o número, as cantidades, a decena e operación básicas de cálculo mental (sumas e restas).
Pouco a pouco, ao longo do curso, iranse convertindo en auténtic@s vendedores e compradores.
Tódolos xoves a primeira hora, aproveitando que están cos nós Maica (apoio) e Irene (Mediación), aproveitamos para facer "A hora dos retos" que consiste en resolver 4 tarefas de xeito grupal a través do traballo colaborativo.
O primeiro que teñen que facer antes de facer as tarefas é establecer quen vai ser o conductor/ora do seu grupo, que se ten que mover dun rincón ao outro formando un tren. Para isto damos un tempo de 5 minutos, pasado este tempo se non chegaron a un acordo non poderán xogar. Cada semana deberán cambiar sen repetir de conductor/ora. Ao cabo dunhas semanas fanse novos equipos.
Consensuar, pactar, negociar, escoitar...son algunhas das moitas aprendizaxes que irán adquirindo a través desta dinámica de traballo.
Marcos e Sabela quixeron compartir con nós o grandes que estaban as súas tomateiras. Despois de levalas para casa no mes de xuño e coidalas moitísimo ides ver cómo creceron e a cantidade de tomates que lle sairon. Marcos ata nos trouxo unha das ramas cargadas de tomates que probamos na escola.