sábado, 18 de febreiro de 2017

TALLER DE DISFRACES

Pintar, seleccionar, escoller, pegar....Entusiasmad@s cos seus disfraces feitos ao seu gusto
Aquí os tedes en plena faena.

QUEN DIXO MEDOOOOOOOO!!!!!!!!!





Ide reservando roupa de cor gris para levar por debaixo do disfraz (chandal, leguins, pantis, xerseis, polares). Aproveitade a fin de semana para pedirllo a algún prim@, veciñ@,amig@.

ÓRDENES DO MECO

Lembrade que comenzamos a semana do Antroido coas órdenes do Meco. Do 20 ao 23 de febreiro o Meco iranos decindo que temos que traer ao cole.

ESTE LUNS.....ALGO NA CABEZA


xoves, 16 de febreiro de 2017

SAÍDA ESCOLAR PARA VER "OSIÑO"

O mércores 8 de febreiro, os nenos e nenas de 3 e 4 anos fomos ao teatro, nesta ocasión ao "Auditorio de Abanca". A representación con títeres levaba o título de "Osiño".

Aproveitamos o camiño para ver algún posto de froitas e verduras no mercado de Abastos.

ENCÁNTANOS SAÍR DO COLE!!!!


xoves, 9 de febreiro de 2017

TALLER DE RECICLAXE

Este martes achegouse ata a nosa aula Silvia e contounos algunhas cousas sobre a reciclaxe de residuos e de que xeito podémolos reutilizar posteriormente.
A verdade é que o talle,promovido pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, foi unha ocasión perfecta agora que estamos a realizar os nosos disfraces con material de refugallo.

CUMPREANOS DE XANEIRO

O pasado mes de xaneiro celebramos os cumpreanos de Olalla, Iago e David.

PARABÉNS CHIC@S


domingo, 5 de febreiro de 2017

MURAIS DA PAZ

Nas entradas ao colexio podedes ver os murais feitos polos nenos e nenas do Quiroga. No primeiro participaron todos os alumnos/as de Infantil enchendo as palabras PAZ e PEACE  de debuxos referidos ao universo. E no segundo coa participación de todo o alumnado do colexio.




mércores, 1 de febreiro de 2017

"DÍA ESCOLAR POLA PAZ"


Interpretando na clase a canción "Ven Conmigo" en Lingua de signos. Posteriormente todo infantil saímos ao patio para cantala e signala xuntos.