mércores, 25 de xaneiro de 2017

CANCIÓN DOS PLANETAS DE "ENRIQUE Y ANA"

Aínda que xa pasaron uns cantos anos, esta segue a ser unha das cancións favoritas para os nenos e nenas en Infantil. E a pesar de que plutón está considerado agora mesmo como un planeta enano, na canción dáselle un protagonismo que lles encanta.

"PLUTÓN TÓN TÓN TÓN"

LIBRO LIM DO SISTEMA SOLAR

Clica na seguinte imaxe para acceder á biblioteca de actividades Lim onde poderedes atopar unha chea de actividades interactivas coas que podedes xogar e aprender na casa.

O primeiro libro LIM, o do sistema solar, e co que estamos traballando estes días na clase.



martes, 24 de xaneiro de 2017

"VEN CONMIGO"

Con motivo da celebración do "Día escolar pola Paz" todo o colexio está preparando a canción "Ven conmigo" de María FumaÇa.
A continuación presentamos o vídeo que grabaron Irene e David ,mediadora e intérprete da ONCE signando a canción.
Podedes tamén practicar na casa co resto da familia...non é tan difícil!!!

GRACIAS IRENE E DAVID POR FACER O NOSO TRABALLO MÁIS DOADO


domingo, 22 de xaneiro de 2017

SAÍDA Á CASA DAS CIENCIAS

Descubrir nun contexto distinto á escola, a cantidade de cousas que temos aprendido é fascinante. Iso foi o que os nenos e nenas de 4 anos comprobaron no planetario da casa das Ciencias en Coruña onde "Fugaz", unha estrela animada, nos ía presentado nunha cúpula que facía as veces de ceo, as estrelas, as constelacións, o sol, a lúa, os planetas. Á seguridade coa que respondían ás preguntas de "Fugaz" da idea do moito que xa teñen aprendido. Unha mágoa non poder ofrecer o vídeo ao estar a sala a oscuras.
Unha vez rematada a proxección visitamos a planta 1ª da Casa das Ciencias onde poideron experimentar coa luz, co son, co movemento...a través de diversas experiencias interactivas nas que a ciencia e o xogo van da man.
E xa para rematar, comprobamos, na entrada ao museo, cantas barras tirara o "péndulo de foucault" dende que entramos, e se saira algún poliño dos ovos que se atopan na incubadora.

Unha interesante e máis que aproveitada xornada que seguro podedes repetir cos vosos fillos/as en futuras visitas a Coruña.

RECUNCHO DO UNIVERSO

Comenzamos a facer o noso recuncho do universo onde iremos plasmando todo o que imos aprendendo e as aportacións que xa están a facer as familias dende a casa: libros, contos, manualidades, fotos, curiosidades... A medida que vaiamos avanzando na temática irá medrando e cambiando.