domingo, 13 de novembro de 2016

CELEBRANDO O MAGOSTO

Este venres celebramos o Magosto na escola. Nas primeiras horas da mañá estivemos rematando os nosos cucuruchos de castañas para levar para casa e xogar con eles coma se fosen marionetas. Á terceira hora saímos ao patio para xogar a distintos xogos tradicionais, no patio cuberto, para pasar depois a degustar as castañas que fixeron os compañeir@s no patio descuberto.
O tempo acompañou nesta mañá na que disfrutamos compartindo xogos e castañas.   



xoves, 10 de novembro de 2016

BEBUXANDO E PINTANDO ÁRBORES DE OUTONO

Aproveitamos as horas nas que a metade da clase acuden á aula de informática ou a biblioteca co prefesorado de apoio, para usar as témperas e os pinceis e avanzar na técnica do debuxo e ao mesmo tempo desenrolar a creatividade.

Partimos do visionado de árbores de outono na pantalla dixital e observamos e debatimos sobre a súa forma, as súas partes, o tamaño, a cor...para finalmente pasar á representación en papel do visto nas fotografías. Evitamos deste xeito os debuxos estereotipados para favorecer a creatividade e a visión persoal que cada cativo fai do observado previamente.

GRANDES ARTISTAS!!!!!


xoves, 3 de novembro de 2016

CONTACONTOS MOUNSTRUOSOS

O 28 de Outubro, con motivo da celebración do Samaín, os nenos e nenas de infantil reunímonos na biblioteca para escoitar dous contos no que as persoaxes protagonistas eran un lobo e un mountro. Persoaxes apasionantes que despertan no alumnado de infantil sentimentos encontrados de pasión e odio pero en todo caso altamente motivantes para os nosos cativ@s.








martes, 1 de novembro de 2016

CUMPREANOS DO MES DE OUTUBRO


PARABÉNS NOÉ, SABELA, MAURO, ERIC E MARCOS 





SAMAIN

Moitas grazas ás familias por participar na exposición de cabazas e coa axuda prestada cos disfraces dos nen@s.






BAILE DE ESQUELETOS NA PORTA DA CLASE