domingo, 29 de maio de 2016

REPASANDO AS EMOCIÓNS CON ESCORNABOT


Grazas a colaboración dunha familia de un dos nosos pequechos, estivemos repasando ás emocións con Escornabot, dentro do noso proxecto “O monstro das cores”.
Consiste nun proxecto de robot educativo para iniciar ós nenos e nenas mais pequenos no campo da robótica e a programaicón. Escornabot pode executar secuencias e movementos que son programadas polo propio neno ou nena.
Antes de comezar a utilizalo, o presentamos e lle asignamos un nome entre todos “COCHE”. Despois, comezamos a aprender a utilización deste escornabot á vez que repasabamos as emocións en LSE (lingua de signos) e tamén expresamos o que sentimos nese propio momento (algría-programamos a escornabot hacia o monstro amarelo, tristeza- programamos ó esconabot hacia o monstro azul...).





ACTIVIDADES PERSOALIZADAS CON TINY TAP

Durante este curso escolar utilizamos moitísimo esta app chamada TINY TAP.
Con ela, podemos crear actividades persoalizadas para os nosos alumnos/as tanto na escola como para familias e organizacións. Podemos crear presentación interactivas, historias, quizzes, xogos educativos, e adecuar a nosa clase á metodoloxía Flipped Classroom.
Tamén nos facilita a integración e aprendizaxe da Lingua de Signos (LSE).
Aquí podedes xogar co últimos tiny tap realizado a raíz da excursión ó parque zoológico de Marcelle, sobre os animais en LSE.